Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 17/97 e dous máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 11 de xuño de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructor

ANEXO

-Expediente: E.N. 17/97.

Denunciado: Emilio Goday Camaño.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao-Vilarchao, 178. O Grove.

Feito denunciado: extracción de area (3 cestos) nas dunas, do Complexo Intermareal da Lanzada, no termo municipal do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.9º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: E.N. 19/97.

Denunciado: Luis Fraga Filgueira.

Último enderezo coñecido: r/ Teniente Domínguez, 92. O Grove.

Feito denunciado: circular cun vehículo todo terreo polas dunas, alterando as condicións dun espacio natural protexido, zona comprendida na zona húmida de importancia internacional dentro do convenio RAMSAR nº 110, o día 15 de febreiro de 1997.

Precepto infrinxido: artigo 38.2 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: E.N. 40/96.

Denunciado: José Álvarez González.

Último enderezo coñecido: León y Castillo, 113, Puerto del Rosario. As Palmas de Gran Canaria.

Feito denunciado: facer un peche polo que se apropia de 100 m do Monte Aloia que inclúe na súa propiedade. Feitos denunciados o día 17 de agosto de

1996, no lugar de Laranxeiras, Monte Castiñeira e Foxo de Paredes do termo municipal de Tui.

Precepto infrinxido: artigo 38.2 e 38.12 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 150.000 ptas.

5090