Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador E.N. 28/97 e dous máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán de un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegar documentos ou as probas que lle conveñan ó seu dereito, advertíndode que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 11 de xuño de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: E.N. 28/1997.

Denunciado: Rufino Padín Souto.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón Cabanillas, 4. Pontevedra.

Feito denunciado: ocupación de terreos do espacio natural protexido Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, cunha construcción consistente nun soto e primeira placa, realizados sen autori

zación. Feitos denunciados o día 14 de abril de 1997, no termo municipal de Sanxenxo.

Precepto infrinxido: artigo 38.12 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e F. silvestre.

Sanción: 500.000 ptas.

-Expediente: E.N. 31/97.

Denunciado: Luis Alberto Mínguez Parada.

Último enderezo coñecido: Toural, 15. Vilaboa.

Feito denunciado: ter en catividade sen autorización unha curuxa común, especie catalogada interese especial, polo Real decreto 439/1990. Feitos denunciados o día 30-3-1997, no lugar de Cabadachán, municipio de Vilaboa.

Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 50.000 ptas.

-Expediente: E.N. 32/1996.

Denunciado: Manuel Gil Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Costal-Castiñeiriño, 9. Ribadelouro, Tui.

Feito denunciado: alteración das condicións dun espacio natural, executando sen a debida autorización administrativa a canalización (empregando 20 tubos de formigón) dun regato limítrofe co parque natural Monte Aloia. Feitos denunciados o día 13 de abril de 1997, no regato Castiñeiriño.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 100.000 ptas.

5093