Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun posto institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no Salón Mundial do Viño e Espiritosos, Vinexpo-97.

Por Resolución do 7 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da conse

llería resolveu adxudicarlle a asistencia técnica á empresa:

ACK, Servicios de Comunicación, S.L., importe de adxudicación: 9.900.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

5037