Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.811

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (22/1997).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas nº 22/1997, sobre lesións en agresión, se dictou sentencia, cunha decisión como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Juan Antonio Souto Rivas dos feitos axuizados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A. criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado Juan Antonio Souto Rivas, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia, catro de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4655