Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.809

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 2 de xullo de 1997 pola que se aproba o baremo de méritos para promoción interna das policías locais de Galicia.

A Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, establece no seu artigo 5.1º d) que a coordinación da actuación das policías locais de Galicia se fará respectando totalmente a autonomía local recoñecida na Constitución e abranguerá o exercicio da función, entre outras, de fixa-los criterios básicos de selección, formación, promoción e mobilidade dos membros das policías locais e, no seu artigo 25.6º, dispón que se fixarán por vía regulamentaria os baremos dos concursos de méritos.

Trala promulgación do Decreto 121/1995, do 20 de abril, polo que se aproban os criterios básicos de selección, formación, promoción e mobilidade dos membros das policías locais, debe procederse ó esta

blecemento do baremo de méritos para promoción interna das policías locais, segundo se indica no seu artigo 8.1º.

En consecuencia, en uso da facultade que me outorga a disposición derradeira primeira do devandito Decreto 121/1995, para dicta-las disposicións necesarias para o seu desenvolvemento, e logo do informe favorable da comisión de coordinación das policías locais,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase o baremo de méritos para promoción interna das policías locais que figuran no anexo a esta orde.

Disposición derradeira

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4654