Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.811

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (8/1997).

Eu, Jorge Villar Trabazos, oficial da Administración de xustiza en funcións de secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe:

Que nos autos de xuízo de faltas nº 8/1997, sobre ameazas e insultos, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia 30/1997. En Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1997. En nome de El-Rei, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia. Decisión: condeno a Antonio Sanchís Pla, como autor de dúas faltas xa referidas, á pena de 10 días de multa a razón dunha cota de 500 pesetas diarias, por cada unha das faltas,

é dicir, en total, 10.000 pesetas de multa, que satisfará dunha soa vez na conta do xulgado.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde la última notificación.

E para que conste e lle sirva de notificación en legal forma ó ausente Antonio Sanchís Pla, expido e selo a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Santiago de Compostela catro de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4764