Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.811

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (351/1996).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fai mención se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

En Santiago de Compostela, vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e sete, En nome de El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia. no xuízo de faltas nº 351/1996 dimanante do procedemento seguido por inxurias no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Antonio Canos Peixe, denunciante, con domicilio na r/ Pelamios, edificio Eidos nº 16, 3ºA, Santiago de Compostela, e Manuel Sende Carrillo, denunciado, con domicilio na r/ Pelamios, edificio Eidos 16- 1º C, Santiago de Compostela.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións ó denunciado Manuel Sende Carrillo, declarando de oficio as custas desta instancia. Así, por esta sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría á disposición das partes. Asdo. Leonor Castro Calvo.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Antonia Canos Peixe, con domicilio descoñecido, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o nove de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

4814