Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de caza 97/0065.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82 do 6-4), e más do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3, corrección erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 49 do Regulamento de caza, en relación co Real decreto 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións, ou propostas de probas, estime convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 12 de xuño de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-97/0065.

Denunciado: José M. Requejo Blanco.

DNI: 32.437.384.

Último enderezo coñecido: Ed. Palmera, 1-5, Acea da Ma. Culleredo.

Feitos denunciados: non impedir que os seus cans vaguen sen control nun refuxio de caza, en época de veda.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.2.24.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

4932