Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitucións das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SSAATT de Galicia.

Constitucións de:

A Sociedade Agraria de Transformación San Pelayo de Buscas SAT. nº 949 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en San Pedro de Buscas-Ordes (A Coruña);

obxecto social: comercialización de leite, posesión e adquisición de maquinaria; capital social: 240.000 ptas.; nº de socios: 24.

A Sociedade Agraria de Transformación Lavandeira SAT. nº 950 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Lavandeira, Poulo, Ordes (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 24.400.000 ptas.; nº de socios: 24.

A Sociedade Agraria de Transformación Carballos Altos SAT. nº 951 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Carballos Altos, Lema, Arzúa (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gandos; capital social: 1.500.000 ptas.; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Rodríguez SAT. nº 952 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Prado, Papucín, Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 19.884.000 ptas.; nº de socios: 3.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1997.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

5032