Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de pesca fluvial 97/0019 e 97/0044.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que

no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez funcionaria desta delegación; pódese promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado Provincial da Coruña desta consellería, segundo o artigo 40.3 da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no art. 13.2 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario, poralle fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 12 de xuño de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: P-97/0019.

Denunciado: Amadeo Pombo Mosteiro.

DNI: 33.180.793.

Último enderezo coñecido: Estrella, 3. Carballo.

Feitos denunciados: pescar nun tramo acoutado.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.10.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa, inhabilitación 1 ano.

-Expediente: P-97/0044.

Denunciado: Pedro J. Barcal Barreiro.

DNI: 35.418.290.

Último enderezo coñecido: Veiga, 35, Conazo. Vilagarcía de Arousa.

Feitos denunciados: extracción de áridos do leito do río.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.23.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa, inhabilitación 1 ano.

5080