Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 26 de maio de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Cabaleiro, Dabaixo, Gándara e Puntal, da parroquia do Viso, concello de Redondela.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 7 de xuño de 1994, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, dos seguintes montes:

Concello: Redondela.

Parroquia: O Viso.

-Nome do monte: cabaleiro.

Cabida: 12,3 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Leste: camiño público e propiedades particulares.

Oeste: estrada nacional 550 e propiedades particulares.

-Nome do monte: Dabaixo.

Cabida: 3,06 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares.

Sur: camiño público.

Leste: camiño publico e predios particulares.

Oeste: idem.

-Nome do monte: Gandara.

Cabida: 1,66 ha.

Lindes:

Norte: camiño público e predios particulares.

Sur: camiño público e particulares.

Leste: idem.

Oeste: camiño público e predios particulares.

-Nome do monte: Puntal.

Cabida: 0,61 ha.

Lindes:

Norte: término de Soutomaior e predios privados.

Sur: predios privados.

Leste: predios privados.

Oeste: mar e predios privados.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2 do Decreto 260/1992, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 26 de maio de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra

4901