Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 9 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente secretaría 19/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo de 1 mes para presentar recurso ordinario perante o conselleiro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: secretaría 19/1997.

Denunciado: Carnicería Ofertenda, 5.

Razón social: Gestalimen, S.L.

Último enderezo coñecido: Entrepeñas, 41. A Coruña.

Resolución:

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 25.000 ptas.

A Coruña, 9 de xuño de 1997.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

4998