Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da subministración consistente na adquisición de dous lotes de mobiliario e utensilios de oficina para escolas e centros de Capacitación e Extensión Agraria.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de dous lotes de mobiliario e utensilios de oficina para escolas e centros de Capacitación e Extensión Agraria, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: catorce millóns cento setenta e dúas mil seiscentas sesenta e sete pesetas (14.172.667 ptas.).

Lote 1: máquinas fotocopiadoras, aparellos audiovisuais, máquinas de escribir, telefax, vídeos-televisións, etc. 8.360.000 ptas.

Lote 2: mobiliario diverso para oficinas e residencias de escolas, lencería, etc.5.812.667 ptas.

A forma de licitación será por lotes independentes (lote I e II).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: un (1) mes a partir do asinamento do contrato.

Exposición dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións

técnicas, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 7 de agosto de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13.30 horas do día 13 de agosto de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, a 27 de xuño de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

4872