Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das propostas de resolución, formuladas pola instructora, no expediente sancionador de pesca fluvial número P-242/96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións considere pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

ANEXO

-Expediente Nº: P-242/1996.

Denunciado: Nicolás Fernández Berrio.

DNI: 38.983.898.

Enderezo: Pasaje Feliu Pla, 3-3º, Sabadell. Barcelona.

Feito denunciado: pescar utilizando artefactos ou instrumentos de uso prohibido (5 sedelas dormentes). Feitos constatados o 31-7-1996 no río Lózara-Sª Mariña (Samos).

Precepto sancionador: art. 34.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e 3.000 ptas de indemnización.

Inhabilitación: durante un ano e un día para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 2 de xuño de 1997.

Paloma Quiroga López

Instructora

5285