Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Randín (Calvos de Randín-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Randín (Calvos

de Randín-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social, a urxente execución por decreto da Xunta de Galicia 38/1992, do 6 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 32, do 17 de febreiro).

Primeiro.-O 27 de maio de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Randín (Calvos de Randín-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Calvos de Randín durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día ó da publicación do último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para este efecto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teña que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (Arts. 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 27 de maio de 1997.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural de Ourense

4871