Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 168/1997, do 5 de xuño, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Oleiros, Sada e Cambre, pertencentes á provincia da Coruña.

O Concello de Sada, mediante escrito, con data de entrada no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 7 de novembro de 1991, nº 38007, remitiu expediente relativo ó conflicto de competencias suscitado entre este concello e o de Oleiros, como consecuencia da concesión de licencia para a construcción dunha vivenda unifamiliar a José M. Pardo de Santayana y Dubois.

Remitido o expediente ó Consello de Estado para dictame foi devolto, con data do 23 de abril de 1993, de acordo coas seguintes consideracións: «I. Que a cuestión suscitada sobre o deslinde entre os concellos de Sada e Oleiros debería someterse ó informe do Instituto Xeográfico Nacional. II. Que, no caso de que concorran os supostos do artigo 19 do Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, aprobado polo R.D. 169/1986, do 11 de xullo, deberá tramitarse o expediente de conformidade coas prescripcións do artigo 18 do citado regulamento. III. Que, en ámbolos dous casos, deberá formularse e xuntarse ó expediente a preceptiva proposta de resolución».

Con data do 25 de marzo de 1993 (nº de rexistro 2550) solicitóuselle, desde a Consellería da Presidencia e Administración Pública, ó Instituto Xeográfico Nacional, a emisión do informe preceptivo sobre o expediente de deslinde entre os termos municipais de Oleiros e Sada, que se estaba a tramitar naquel departamento. En resposta á dita solicitude de ámbolos dous concellos afectados polo expedien

te, así como polo Concello de Cambre, que tiña en común co límite dos outros dous concellos o fito sinalado M-1, designáronse os membros das comisións de deslinde e, iniciaron as correspondentes operacións, consistentes na realización do replanteo parcial (entre os fitos M-1 e M-33) da liña límite xurisdiccional entre ámbolos dous termos municipais, tomando como base a acta de deslinde vixente, levantada o 10 de xuño de 1924, a partir do 7 de xullo de 1993.

Recoñecida a liña límite e sinalados os correspondentes fitos, levantáronse, o 13 de xullo de 1995, conxuntamente por ámbolos dous concellos afectados, así como polo Concello de Cambre:

a) Acta de deslinde, na que se describían os fitos M-1 ó M-33, asinada tamén polo Concello de Cambre, xa que o fito M-1 é común ós tres concellos.

b) Acta adicional, mediante a que se anulaba a acta vixente do 10 de xuño de 1924.

Con data do 22 de outubro de 1996 remitíuselle, á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, polo Instituto Xeográfico Nacional, o correspondente informe no que se conclúe: «Tras varias reunións, determínase a situación final de cada fito, así como as súas características físicas, consistente nun fito de formigón, que ten forma de prisma pentagonal, cunhas dimensións exteriores de trinta centímetros o lado da súa base inferior, quince centímetros o lado da súa base superior e oitenta centímetros de altura. Levantouse unha acta nova de toda a liña coa descrición de cada un dos fitos e asina dita acta tódolos membros das comisións presentes; levantouse unha acta adicional, que anula a vixente con data do 10 de xuño de 1924, do depósito da guerra. Colocados no campo os fitos desde o M-1, común ós termos municipais de Cambre, Oleiros e Sada, ata o M-33 final da liña, común a Sada e Oleiros, déronse coordenadas UTM a todos eles, partindo do vértice xeodésico A Zapateira e

depósito de Eirís e pechando no vértice xeodésico Lorbé. Realizouse unha poligonal de 122 vértices, radiando de cada un deles os fitos respectivos. Mediante o programa de ordenador Topcal, calculáronse tódalas coordenadas. Os aparatos empregados para o devandito levantamento foron un teodolito T-2 e un distanciómetro WILD D.I.3000».

Tramitado o expediente, emitiu informe a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, con data 3 de abril de 1997 e dictaminou favorablemente o Consello Consultivo de Galicia.

Visto o disposto nos artigos 10 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, polo que se aprobou o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e 17 ó 25 do R.D. 1.690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial, segundo os cales se corresponde á Comunidade Autónoma, logo de informe do Instituto Xeográfico Nacional e dictame do órgano consultivo superior do Consello de Goberno desta, a competencia para resolve-las cuestións que se susciten entre municipios sobre deslinde dos seus ter

mos municipais; é por conta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xuño de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.

«Resolve-la cuestión suscitada entre os municipios de Sada e Oleiros, ámbolos dous da provincia da Coruña, sobre o deslinde dos seus termos municipais, no treito comprendido entre os fitos M-1 ó M-33 da súa liña límite, no senso de que:

I. Se aprobe o novo deslinde entre os termos municipais de Oleiros e Sada, ámbolos dous pertencentes á provincia da Coruña, coincidindo a liña límite (fitos M-1 ó M-33) coa descrición e os planos que figuran na acta de deslinde, do 13 de xuño de 1995, asinada polos concellos interesados, así como por representantes do Concello de Cambre, xa que o límite do seu termo municipal se ve afectado pola nova localización do fito M-1, e do Instituto Xeográfico Nacional.

II. Que se anule a acta de deslinde entre ámbolos dous concellos vixente na actualidade, levantada o 10 de xuño de 1924.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

526