Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 164/1997, do 18 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ribas de Sil (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de rúa de accesos á praia fluvial.

O Concello de Ribas de Sil (Lugo), en sesión celebrada o día 14 de marzo de 1996, acordou aproba-lo proxecto de rúa de acceso á praia fluvial e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5 de xuño de 1997, baixo o número 7732.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Con

sellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 19 de novembro 1996, nº 12106.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque se trata dunha obra incluída no Plan Municipal de Investimento 1996 e é absolutamente prioritaria dentro das necesidades de infraestructura desta corporación, que se fundamenta na obrigatoriedade recollida no artigo 26.1º a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, de pavimentación de vías públicas.

Ademais, trátase dunha vía pública prevista nas normas subsidiarias de planeamento, fundamental ó servir de enlace entre a vía central ou de acceso á N-120 e ás inmediacións da zona fluvial do río Sil, potenciándose así a zona recreativa existente e as expectativas turísticas de San Clodio (capital municipal), e do resto do municipio, e que supón un aumento dos visitantes á zona e a obtención de importantes recursos económicos, sendo unha vía demandado de forma reiterada polos veciños.

Finalmente, a obra está incluída nun convenio de cooperación entre este concello e a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, polo que esta financia a súa execución e o concello comprométese á libre dispoñibilidade dos terreos, debendo concluírse a obra no prazo dun ano desde a sinatura do convenio.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo concello de Ribas de Sil (Lugo) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de rúa de acceso á praia fluvial.

Santiago de Compostela, dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5124