Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten e axudas para a formación de profesorado en novas titulacións, convocadas nos anexos I e II á Orde do 31 de xaneiro de 1997 (DOG do 27 de febreiro) pola que se convocan e aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

A Orde do 31 de xaneiro de 1997 (DOG do 27 de febreiro), pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario prevé, respectivamente, nos seus anexos I e II, a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparte e de axudas para a formación de profesores en novas titulacións.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30 de xaneiro de 1997 (DOG do 13 de febreiro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles unha bolsa para actualización do profesorado respecto da materia que imparten ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución, para realizar unha estadía no centro que se sinala, durante o período que se especifica e na contía que se indica en cada caso.

Segundo.-Declarar deserto o concurso correspondente á concesión de axudas para a formación de profesores en novas titulacións, por non axustarse as solicitudes recibidas ós requisitos esixidos nas bases da convocatoria e ter decaído os interesados

no seu dereito ó transcorre-los prazos legais para emenda-las súas solicitudes.

Terceiro.-Os pagamentos das bolsas ás que se refire o apartado primeiro faranse de acordo co establecido nas respectivas bases da convocatoria (punto I.3).

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 31 de xaneiro de 1997, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante

o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1997.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

ANEXO

BolseiroLugarDuración

(meses)

Contía

mensual

Axuda

institucional

Contía

total

Ferreiro Galguera, JuanUniversidade Complutense de Madrid (Facultade de Dereito)1100.00050.000150.000
Hernández Ibáñez, Luis AntonioEscola Politécnica Federal de Zürich (Suiza)1150.00080.000230.000
Requejo Losada, M. CarolinaUniversity of Central Lancashire-Preston (Reino Unido)1150.00080.000230.000
Rodríguez Casal, Antón AbelCollege de Francia (París)2150.00080.000380.000

5180