Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se empraza as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1135/1997, interposto ó abeiro da Lei 62/1978, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, por Manuel Mira Martínez e outros.

Notificóuselle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria requirimento da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1135/1997, interposto, ó abeiro da Lei 62/1978, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, por Manuel Mira Martínez, Begoña Iglesias García, Valentín Barreiro Otero, Valentín Alvite Gándara e Pilar Alcaina Ferreiro contral a orde desta consellería, do 30 de maio de 1997 (DOG nº 104, do 2 de xuño), pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios do persoal dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria durante a continuación da folga convocada de forma indefinida a partir do día 26 de maio de 1997.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 62/1978,

do 26 de decembro, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que no prazo de cinco días poidan comparecer en autos na sección primeira da referida sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

5051