Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.459

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se autoriza os centros de ensinanzas non universitarias para incorporarse á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar.

Pola Orde do 20 de febreiro de 1997 (DOG do 11 de abril de 1997) convócase os centros de ensinanzas non universitarias para incorporarse á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar.

As solicitudes formuladas polos interesados foron remitidas a esta Vocalía da Comisión Galega de Obxección de Conciencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polas delegacións provinciais, clasificadas segundo a modalidade do programa solicitado.

Emitido o informe de conformidade da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e conforme se indica no apartado sétimo da orde de convocatoria, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-los centros de ensinanzas non universitarias que se indican no anexo a incorporarse

como entidades colaboradoras no desenvolvemento dos programas para realiza-la prestación social substitutoria do servicio militar no ámbito educativo.

Segundo.-Remiti-la relación de centros de ensinanzas non universitarias que figuran no anexo a esta resolución á Comisión Galega de Obxección de Conciencia -Dirección Xeral de Xustiza e Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais- para que se inclúan na bolsa de entidades colaboradoras.

Terceiro.-Os centros autorizados terán un responsable dos programas que será a directora ou director do centro ou persoa na que delegue e terá como funcións as seguintes:

a) Dirección, asignación e supervisión das actividades que realizará o colaborador social, facilitándolle preparación e adestramento axeitados para a realización das tarefas asignadas.

b) Supervisión do cumprimento da colaboración, levando o libro de incidencias sobre cumprimento da xornada, así como a autorización dos permisos regulamentarios que lles correspondan ós colaboradores sociais e a comunicación cos coordinadores provinciais de cada delegación.

c) Aportación ós colaboradores sociais da debida información sobre os seus dereitos e deberes, asegurándolles unha axeitada atención persoal.

Cuarto.-Calquera modificación que pretendan realiza-los centros dos programas autorizados deberá ser de novo autorizada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, debendo formula-la solicitude e xunta-la documentación que se indica no apartado décimo segundo da orde da convocatoria.

Quinto.-A autorización dos centros educativos como entidades colaboradoras terá unha duración de dous anos, prorrogables sempre que non se acorde a disolución da colaboración por parte do centro. Neste caso, deberá comunicarllo, cunha antelación de seis meses, indicando as causas xustificativas, á Vocalía da Comisión Galega de Obxección de Conciencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria -Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional-, que resolverá o que proceda.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1997.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional

Vocal da Comisión Galega de Obxección de Conciencia

ANEXO

Relación de centros de ensino non universitario que reúnen os requisitos establecidos na Orde do 20 de febreiro de 1997 (DOG do 11 de abril), para incorporarse á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar, por provincias, concellos e modalidade solicitada:

Provincia: A Coruña.

Centro de ensinoConcelloModalidade

Col. AgarimoArteixoA
CEIP de Galán-OseiroArteixoB
CEIP de ArzúaArzúaA
CEIP de San VicenteBaña A B
Col.EE Nosa Sra. do Sgdo. CorazónBetanzosA
CEIP do GraxalCambreA/B
CEIP de Nétoma-RazoCarballoA/B
IES AdormiderasCoruña A A/B
IES Eusebio da GuardaCoruña A A
CEIP Wenceslao Fdez. FlórezCoruña AA/B
Col. Liceo La PazCoruña AA/B
CEIP de TeixeiroCurtis A/B
IES de CanidoFerrolB
Col. La SalleFerrolA/B
CEIP Alfredo Brañas-PaiosacoLarachaB
CEIP Ricardo Tobío-EsteiroMurosB
CEIP Virxe da BarcaMuxíaA/B
IES Terra de TrasancosNarónB
CEIP de NegreiraNegreiraA/B
IES de PontedeumePontedeumeA/B
CEIP de Ponte do PortoPonte do PortoB
CEIP de Santa MaríaPontes de Gª Rodrgz.B
IES de Porto do SonPorto do Son B
CEP Xosé Mª Brea Segade-TaragoñaRianxoB
CEIP de SadaSada A
IES Isaac Díaz PardoSadaB
CEE A BarciaSantiago de CompostelaA
CEIP Ramón CabanillasSantiago de CompostelaA/B
IES San ClementeSantiago de CompostelaA/B
IES de Teo-CacheirasTeoA/B
CEIP de BenzaTrazoA
CEIP de Marnela-PantínValdoviñoA

Provincia: Lugo.

Centro de ensinoConcelloModalidade

IES Mixto da FonsagradaFonsagrada, AB
IES AlfozFozB
IES de FozFozA/B
IES de GuitirizGuitirizA/B
CEIP de CasasLugoA/B
Col. La InmaculadaLugoB
IES de LugoLugoB
IES Mixto de Monforte de LemosMonforte de LemosB
CEIP de MurasMurasA/B
CEIP de Pedrafita do CebreiroPedrafita do CebreiroA
CEIP de QuirogaQuiroga A/B
CEIP Gregorio SanzRibadeoA/B
IES de RibadeoRibadeoB
EEI de SarriaSarriaA
CEIP Dr. López SuárezSaviñao OA/B
CEIP Antonio Insua BermúdezVilalbaA/B
EEI de VilalbaVilalbaA/B
IES Santiago Basanta SilvaVilalbaB

Provincia: Ourense.

Centro de ensinoConcelloModalidade

CEIP Ramón Otero PedrayoAmoedoB
Col. Madre de DiosBarbadásB
IES O CarballiñoCarballiño, OB
IES Mixto do CarballiñoCarballiño, OB
CEIP Curros EnríquezCelanovaA/B
CEIP Otero NovasCortegadaA
IES San MamedeMacedaB
CEIP Albino NúñezOurenseB
CEIP Calvo SoteloOurenseA
CEIP de MendeOurenseA/B
CEIP Irmáns VillarOurenseB
IES Nº 1OurenseA/B
Col. Santa MaríaOurenseA/B
IES Nº 2 A FarixaOurenseA/B
CEIP de Prác. da E.U. Form. Prof. EXBOurenseB
Col. Pablo VIRúa AB

Provincia: Pontevedra.

Centro de ensinoConcelloModalidade

CEIP de Fontes-BaiñaBaionaA
CEIP A SangriñaGuarda AB
Centro CEMARMondariz-BalnearioB
CEIP Nosa Sra. dos RemediosPonteareasA
CEIP Nosa Sra. dos RemediosPonteareasB
Col. Sagrado Corazón de JesúsPontevedraB
CEIP Juan Antonio SuancesPontevedraB
Col. Sagrado CorazónPontevedraA
Escola Oficial de IdiomasPontevedraB
CEIP Cruz- BudiñoPorriño, OB
CEIP Domingo FontánPortasB
CEIP Domingo FontánPortas A
Col. Academia BarreiroVigoB
IES O CastroVigoB
CEIP Celso Emilio FerreiroVigoB
Col. MontesolVigoB
Col. San RoqueVigoB
Col. San Miguel-2VigoB
CEFOCOPVigoB
Col. Salesiano María AuxiliadoraVigoB
CEIP Igrexa-ValadaresVigoB
CEIP Lope de VegaVigoB
Col. LosadaVigoB
Col. MarcoteVigoB
IES CarrilVilagarcía de ArousaB
Col. Sagrada FamiliaVilagarcía de ArousaA
CEIP Rosalía de CastroVilagarcía de ArousaA
IES Mixto de CarrilVilagarcía de ArousaA
CEIP Igrexa-ValadaresVigoA
Col. María AuxiliadoraVigoA
Col. El CastroVigoA
Col. NebrijaVigoA
Col. MontesolVigoA
Col. Academia BarreiroVigoA
CEIP ArealongaVilagarcía de ArousaB
CEIP Rosalía de Castro-CarrilVilagarcía de ArousaB
IES Vilanova de ArousaVilanova de ArousaB
CEIP Nº 2 de TuiTuiB
CEIP de RandulfeTuiB

5235