Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.459

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xuño de 1997 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 31 de xaneiro de 1997 (DOG do 11 de febreiro), para adxudicación de dúas bolsas para realizar estudios relacionados coa Unión Europea no Colexio de Europa en Bruxes.

Pola Orde do 31 de xaneiro de 1997, convocáronse dúas bolsas para realizar estudios en temas relacionados coa Unión Europea, no Colexio de Europa en Bruxes.

Na súa virtude, de acordo coa proposta elaborada pola comisión de selección e unha vez que o Colexio de Europa en Bruxes confirmou a admisión do primeiro candidato seleccionado por ela,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concederlle a Maximino Montero Lastres unha bolsa para realizar estudios de especialización en temas relacionados coa Unión Europea e o proceso de integración europeo, no Colexio de Europa con sede en Bruxes.

Artigo 2º

Declarar deserta a segunda bolsa convocada na Orde do 31 de xaneiro de 1997.

Artigo 3º

Contra a presente disposición, que lle pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.C da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da entrada en vigor da presente orde, de acordo co disposto nos artigos 57 e seguintes da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

4969