Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.452

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xuño de 1997 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional de primeiro e segundo grao.

A Orde do 8 de xaneiro de 1997 (DOG do 21) dictou as normas para a aplicación, a partir do curso académico 1997-1998, do réxime de concertos educativos previstos na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Vistas as solicitudes presentadas polos titulares dos centros privados que imparten ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional de 1º e 2º grao; cumpridos tódolos trámites previstos na citada orde e tendo en conta a proposta formulada pola Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-los concertos educativos cos centros docentes privados que se relacionan nos anexos da presente orde.

1. Os concertos educativos correspondentes ás unidades de educación primaria e educación secundaria obrigatoria concertaranse nas condicións que se especifican no anexo I.

2. Os concertos educativos correspondentes ás unidades de educación especial, anexo II, asinaranse polo réxime de concertación xeral e terán unha duración de catro anos.

3. Os concertos educativos correspondentes ás unidades de formación profesional de primeiro grao asinaranse polo réxime de concertación xeral segundo se reflicte no anexo III, sen prexuízo do establecido nos artigos 60 e 61 do Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo.

4. Os concertos educativos correspondentes a unidades de formación profesional de segundo grao subscribiranse con carácter de réxime singular nos termos que se especifican no anexo IV, sen prexuízo do establecido nos artigos 60 e 61 do Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo.

5. Ós centros que se reflicten no anexo V dotaráselles da financiamento, polo número de horas que no mesmo se especifica, dos servicios de orientación educativa a que se refire a disposición adicional terceira.3 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro.

Segundo.-Mante-lo convenio educativo para o curso 1997-1998, subscrito ó abeiro da disposición adicional sétima do Real decreto 2377/1985, co centro dependente da Diputación Provincial da Coruña que se relaciona no anexo VI.

Terceiro.-No caso de unidades concertadas con carácter singular os centros poderán percibir dos alumnos, en concepto de financiamento complementario, a cantidade de 3.000 pesetas/alumno/mes durante 10 meses.

Cuarto.-O documento administrativo de formalización do concerto educativo será asinado polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada.

Se o titular do centro privado non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Quinto.-De acordo co establecido nos artigos 109 e 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a presente resolución esgota a vía administrativa polo que contra ela poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

ANEXO II

ANEXO III

ANEXO IV

ANEXO V

ANEXO VI

5050