Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das providencias de apertura dos expedientes sancionadores de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (51/1996 C e dezaseis máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPA), notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de caza 1/1970 do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971 do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo). Así mismo, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6 baixo, Ourense e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentar alegación no prazo fixado e, consonte ó Art. 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará o remate do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo isto sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do Art. 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o Art. 12 da LRXPA e no Decreto 5/1987 do 14 de xaneiro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 19 de maio de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Nº Expte.-Nome e apelidos

do denunciado

-Último enderezo

coñecido

-Feito denunciado-Precepto infrinxido

e sancionador

-Sanción

proposta

-Instructora

51/1996 CArmando Armado VillarBalaídos 15-1º D, Vigo, PontevedraAdestrar cans nunha zona non autorizadaArt. 48.3.30 da Lei de caza2.000 ptas.Mª Rosa

Rguez. Cougil

106/1996 CFrancisco Martínez ViqueiraBaixada a Torrecedeira 6-4º,

Vigo, Pontevedra

Non levar documentaciónArt. 48.3.43 da Lei de caza2.000 ptas.Mª Rosa

Rguez. Cougil

63/1996 CJosé Antonio Míguez GómezFontedosa, Montederramo, OurenseNon levar documentaciónArt. 48.3.43 da Lei de caza2.000 ptas.Mª Rosa

Rguez. Cougil

71/1996 CGermán Márquez PereiraCasandulce, Piñor de Cea, OurenseCazar con cans en vedaArt. 48.2.25 da Lei de caza3.500 ptas.Mª Rosa

Rguez. Cougil

81/1996 CJosé Manuel Gómez CotaPenalonga, Covas, Os Blancos, OurenseCazar sen permiso de coutoArt. 48.1.8 da Lei de caza5.000 ptas.Mª Rosa

Rguez. Cougil

85/1996 CSenén López, PenaPexeiros, Os Blancos, OurenseCazar sen permiso de coutoArt. 48.1.8 da Lei de caza5.000 ptas.Mª Rosa

Rguez. Cougil

91/1996 CJosé Luis García Feijoor/ Condesa Fenosa 6-3-F, O Barco de Valdeorras, OurensePortar munición non autorizadaArt. 48.2.14 da Lei de caza3.500 ptas.Mª Rosa

Rguez. Cougil

105/1996 CAntonio Rodríguez Rodríguezr/ Caride Vallellano 57-2º, O Carballiño, OurenseCazar con cans en época prohibidaArt. 48.2.24 da Lei de caza3.500 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
134/1996 CAmador Batán BlancoColes, A Peroxa, OurenseCazar sen permiso de coutoArt. 48.1.8 da Lei de caza5.000 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
37/1997 CManual Álvarez Domínguezr/ San Amaro 44-1º A,

Pontevedra

Portar munición non autorizadaArt. 48.2.14 da Lei de caza3.500 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
56/1997 CManuel Álvarez RodríguezSobrado, Trios, Pereiro de Aguiar, OurenseCans incontroladosArt. 48.2.24 da Lei de caza3.500 ptas.Mª Rosa

Rguez. Cougil

54/1996 CJorge JoséCuña de Arriba,

Mariñamansa,

Ourense

Procedementos de caza prohibidosArt. 6.2 do Real decreto 1095/198925.000 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
78/1996 CFrancisco Pérez Paradelar/ Río Bubal 20-3º, OurenseCazar con cans en vedaArt. 48.2.25 da Lei de caza3.500 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
148/1996 CFederico Rodríguez ÁlvarezCamiño Regueiro, 8, OurenseEscopeta con capacidade superior a dous cartuchosArt. 48.2.14 da Lei de caza3.500 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
155/1996 CManuel González LorenzoGasolinera Seixalvo, OurenseCazar sen permiso de coutoArt. 48.1.8 da Lei de caza5.000 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
47/1997 CÁngel González MosqueraBarrio Outeiro, Velle, OurenseCazar desde un vehículo e nunha zona de seguridadeArt. 46.2.a e 46.2.h da L.O. 30/199565.000 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
48/1997 CMiguel Ángel Lorenzo MartínezPousada s/n, Velle, OurenseCazar desde un vehículo e nunha zona de seguridadeArt. 46.2.a y 46.2.h de la L.O. 30/199567.000 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil

4760