Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (8/1996 C e cinco máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de caza 1/1970 do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971 do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo).

O importe da sanción, que en cada caso corresponda, farase efectivo na conta 44030/003918-8 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no

prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. No caso contrario procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Cómpre salientar que para obter ou renova-la licencia de caza, será requisito imprescindible acreditar o ter aboada a multa que corresponda, unha vez sexa firme a resolución.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 19 de maio de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Nº expediente-Nome e apelidos

do denunciado

-Último enderezo

coñecido

-Feito denunciado-Precepto infrinxido

e sancionador

-Sanción

imposta

8/1996 CJosé Eiro FernándezAvd. Buenos Aires 207,

Ourense

Cazar sen permiso de coutoArt. 48.1.8 da Lei de caza.5.000 ptas.
38/1996 CManuel Álvarez RodríguezSobrado, O Pereiro

de Aguiar,

Ourense

Cans incontrolados en vedaArt. 48.2.24 da Lei de caza3.500 ptas.
39/1996 CNilo López Conder/ Sampaio 18-3º C,

Ourense

Cans incontrolados en vedaArt. 48.2.24 da Lei de caza3.500 ptas.
42/1996 CEduardo Vázquez GonzálezCarracido 31-3º, Vigo,

Pontevedra

Cans incontrolados en vedaArt. 48.2.24 da Lei de caza3.500 ptas.
113/1996 CJosé Antonio Feijoo RodríguezViladerrei, Monterrei,

Ourense

Adestrar cans en día non hábilArt. 48.2.25 da Lei de caza3.500 ptas.
114/1996 CLuis Atanes RodríguezViladerrei, Monterrei,

Ourense

Adestrar cans en día non hábilArt. 48.2.25 da Lei de caza3.500 ptas.

4759