Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, da resolución do expediente sancionador 11/1996 AD incoado por infracción da normativa vixente en materia de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, devolto polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 1/1993 de 13 de abril de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 24 de abril).

O importe da sanción, que en cada caso corresponda, farase efectivo na conta 44030/003918-8 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. No caso contrario procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 19 de maio de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 11/1996 AD.

Nome e apelidos do denunciado: Aladino Silva Álvarez.

Último enderezo coñecido: Avd. Fabero, 41-3º, Ponferrada, León.

Feito denunciado: donar animais de compañía como premio nunha barraca de feira.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 20 c da Lei 1/1993.

Sanción imposta: 50.000 ptas.

5181