Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación seguinte: organización do III Congreso de Estudios Xacobeos: Santiago de Compostela, Roma, Xerusalén.

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación seguinte:

Organización do III Congreso de Estudios Xacobeos: Santiago de Compostela, Roma, Xerusalén.

Orzamento de licitación: dez millóns cincocentas mil pesetas (10.500.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposición da documentación: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto na Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 12 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

5101