Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da explotación do servicio de cafetería do centro de servicios sociais de Ribadavia (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso público para a contratación da explotación do servicio de cafetería do centro de servicios sociais de Ribadavia, sito na rúa Extramuros s/n.

Número de expediente: 2/97.

O prezo da explotación será de seis mil pesetas (6.000.-Ptas) anuais.

Prazo de execución: un (1) ano prorrogable por períodos anuais, ata un máximo de 15 anos.

Garantías: provisional: non se esixe; definitiva: o licitador que resulten adxudicatario deberá presentar unha garantía definitiva de 25.000 ptas.

Exposición da documentación: o pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano) e no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

As proposicións económicas: axustarase ó modelo establecido que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar: a presentación de proposicións farase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na Avda. de Zamora nº 13, das 9 ás 14 horas, en sobres pechados ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentación que integrarán as proposicións: a que se indica na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na Avda. Zamora nº 13.-Ourense, ás 10 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario/s do contrato.

Ourense, 18 de xuño de 1997.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

4794