Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dunha subministración por concurso público, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de 9.500 camisetas e 1.200 polos para a Campaña Verán-97.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do R.D. 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación da seguinte subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 16/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de 9.500 camisetas e 1.200 polos para a Campaña Verán-97.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 13-5-1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seis millóns (6.000.000) de pesetas, co IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 10-6-1997.

b) Contratista: Regalos Promocionales, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns catrocentas noventa e cinco mil (5.495.000) pesetas, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude

4793