Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (224/1996).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, fai saber que neste xulgado, baixo o número 224/1996 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Antonio Gil Ríos e Dolores Vázquez Chan, en reclamación de crédito hipotecario, actuacións nas que se acordou sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días o prezo da súa valoración, os predios que se dirán.

A poxa terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, situado na rúa do Carme nº 3, baixo, desta vila, o vindeiro día un de outubro do ano en que andamos, ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de dezasete millóns oitocentas cincuenta mil pesetas (17.850.000 ptas.), fixado para tal efecto na escritura de préstamo, que se distribúe do seguinte xeito: para o predio 19.795 o tipo é de dez millóns setecentas dez mil pesetas (10.710.000 ptas.), para o predio 9.165 o tipo é de catro millóns setecentas sesenta mil pesetas (4.760.000 ptas.), e para o predio 8.925 o tipo é de dous millóns trescentas oitenta mil pesetas (2.380.000 ptas.). Non se admitirán ofertas que non cubran cada unha das devanditas cantidades.

2. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións desta xulgado o 20% do tipo do remate, requisito sen o que non serán admitidos.

3. Poderá facerse o remate en calidade de cederllo a un terceiro.

4. Desde o anuncio ata que teña lugar a poxa, poderanse facer ofertas por escrito en prego fechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación a que se refire a condición segunda, ou achegando o xustificante de tela feito no establecemento destinado para tal efecto.

5. Os autos e maila certificación rexistral esta de manifesto na secretaría, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do autor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día tres de novembro, ás doce horas na sala de audiencia deste xulgado, nas mesmas condicións que a primeira, salvante o tipo de remate que será do 75% do da primeira; e, no caso de que resultase deserta a segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxeición a tipo, o día tres de decembro ás doce horas na sala de audiencias deste xulgado, rexendo para ela as restantes condicións que se fixaron para a segunda.

Os predios obxecto da poxa son os seguintes:

1. Casa de labranza, na parroquia de Troitosende, concello da Baña, con hórreo, eira, currais e alboios, que forman un só circundo de mil novecentos dezasete metros cadrados. Linda: norte, Carmen Vierito Fandiño e, en parte, outra a labradío desta herdanza Bufo; sur, Carmen Vieito Fandiño; leste, o predio Bufo, nomeado anteriormente; e oeste, camiño.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 778, libro 153 da Baña, folio 181, predio 19.795.

2. Rústica. Labradío de secaño e regadio, de setenta e cinco áreas e corenta e tres centiáreas, das que once áreas e trece centiáreas son de regadío e sesenta e catro áreas e trinta centiáreas de secaño, no sitio de Bufo, concello da Baña, número 361 do plano xeral da zona de Triotosende. Linda: norte, Francisco Gil García (195); sur, Dolores Fandiño Mariño (197); leste, río Tambre, e oeste, predio de Antonio Gil Ríos (196).

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 778, libro 153 da Baña, folio 173, predio nº 9.165.

3. Rústica. Labradío, regadío e secaño, de trinta e sete áreas e oitenta e cinco centiáreas, das que trinta e seis e sesenta e tres centiáreas son de regadío e unha área e vintedúas centiáreas de secaño no sito de Bufo, concello da Baña, nº 196 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de Troitosende. Linda: norte, Francisco Gil García (195); sur, Dolores Fandiño Mariño (197) e terreos excluídos da aldea de Quintáns; leste, predio de Antonio Gil Ríos (196); e oeste, terreos excluídos da aldea de Quintáns e camiño construído polo servicio de concentración parcelaria. Indivisible.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 778, libro 153 da Baña, folio 175, predio 8.925.

E para xeral coñecemento, expídese o presente edicto na vila de Negreira o dezasete de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4808