Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.430

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (519/1995).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber, que nos autos do procedemento xudicial sumario do artigo 131 da L.H., seguidos neste xulgado co número 519/1995, promovidos polo procurador Losada Gómez, en nome e representación de Banco Hipotecario de España S.A., se acordou sacar a poxa pública por tres veces, e polo termo de vinte días cada unha delas, o seguinte predio:

Propiedade de Constantino Carrero Alonso e Carmen Castiñeiras Rivas. Urbano. Número oito. Vivenda do sétimo piso, pertencente a unha casa sinalada co número 7 da rúa Fernando III o Santo desta cidade de Santiago de Compostela, cunha extensión de cento setenta e nove metros cadrados. Linda: sur, dereita entrando, edificación de Constructora Ruafer S.A.; norte, esquerda, de Mercedes Barral Bouzas; leste, de costas, tellado que cobre o local número un; oeste, á fronte, rúa Fernando III o Santo. Cota: once cincuenta por cento.

Título: compra á constructora Ruafer S.A., o día 11 de outubro de 1973.

Inscrición: tomo 790, libro 438, folio 22, predio número 31.521.

Non se coñecen máis cargas inscritas que a correspondente á presente hipoteca.

A poxa terá lugar o día 30 de xullo de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado co prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de 38.000.000 de ptas. (trinta e oito millóns de pesetas), non concorrendo ofertantes; sinálase para a segunda o día 25 de setembro de 1997, ás 10 horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; non habendo ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día 22 de outubro de 1997, ás 10 horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Non se admitirá licitación inferior á cantidade de 38.000.000 de pesetas, que é o tipo pactado na devandita escritura; en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso; en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo.

3. Tódalas licitacións poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositanto xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuada a consignación á que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da L.H. están de manifesto en secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do licitador continuarán subsistentes entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas, e se non as acepta non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá licitación por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non ser achado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó que debe o triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, trece de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario.

Rubricado

4880