Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.431

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (247/1996).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada o día da data, no xuízo de faltas número 247/1996-I, tramitado por lesións en agresión, cítese a Pilar Graña Pages, que

se encontra en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 18 de xullo de 1997, ás 10 horas, compareza, en calidade de denunciada, perante a sala de audiencia número catro deste xulgado, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que de non comparecer recaerán sobre ela os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, e de que deberá ir provista do DNI e dos medios de proba dos que tente valerse.

En Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

4819