Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.431

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (87/1993).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 87/1993, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Manuel García Boado, en representación de Banco Simeón, S.A., contra Manuel Seoane Liñares, Celestino Seoane Puig (herdeiros) e Manuela Emilia Liñares Blanco (herdeiros), en reclamación de cantidade, nas actuacións do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo de valoración pericial, os seguintes bens mobles e inmobles embargados ós demandados:

1. Parcela 330 da zona de concentración parcelaria de San Juan de Fecha. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 672, libro 324, folio 95, predio 21.474. Prezo de valoración: 3.584.000 ptas.

2. Parcela 333, de 2.292 m na zona de concentración parcelaria de San Juan de Fecha. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 672, libro 324, folio 98, predio 21.277. Prezo de valoración: 802.200 ptas.

3. Parcela 314-1, da zona de concentración parcelaria de San Juan de Fecha, de 1.130 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 1077, libro 119, folio 55, predio 10.804. Prezo de valoración: 175.000 ptas.

4. Parcela 331, no sitio de Leiras da mesma zona e inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 1077, libro 119, folio 57, predio 10.805. Prezo de valoración: 2.708.000 ptas.

5. Parcela 430, no sitio de Braña da mesma zona e inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 1077, libro 119, folio 559, predio 10.806. Prezo de valoración: 3.497.800 ptas.

6. Parcela 457, no sitio de Casais da mesma zona e inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de

Compostela no tomo 1077, libro 119, folio 63, predio 10.808. Prezo de valoración: 1.899.450 ptas.

7. Parcela 322, no sitio de Terraleira da mesma zona e inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 1077, libro 119, folio 65, predio 10.809. Prezo de valoración: 4.400.000 ptas.

8. Parcela 445, no sitio de Outeiro da mesma zona e inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 1077, libro 119, folio 61, predio 10.807. Prezo de valoración: 4.251.900 ptas.

9. Parcela 416 A, no sitio de Braña ou Gandarón da mesma zona e inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 1077, libro 119, folio 67, predio 10.810. Prezo de valoración: 975.000 ptas.

10. Camión furgón marca Ebro, modelo E 60, matrícula C-4102-F. Prezo de valoración: 75.000 ptas.

11. Furgoneta mixta, marca Auto Union DKW, modelo F-1000-D, matrícula C-0893-C. Prezo de valoración: 55.000 ptas.

12. Seat 1.500, matrícula M-447.260. Prezo de valoración: 25.000 ptas.

13. Semirremolque, marca Imcome V 3000, matrícula C-81193-VE. Prezo de valoración: 125.000 ptas.

14. Carreta artesanal, matrícula C-81442-Z. Prezo de valoración: 25.000 ptas.

15. Renault R18 GTX, matrícula C-5284-Z. Prezo de valoración: 125.000 ptas.

16. Furgoneta marca Volkswagen 1.9 D, matrícula C-5989-AY. Prezo de valoración: 700.000 ptas.

17. Furgoneta mixta marca Mercedes Benz, tipo MB 140, matrícula C-1793-AC. Prezo de valoración: 150.000 ptas.

18. Chrysler 150 S, matrícula PO- 3697-L. Prezo de valoración: 25.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena nº 2, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 4 de setembro ás once horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do prezo de valoración sinalado na descrición de cada un dos lotes, sen que se admitan licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV nº de conta 1592-17-87-93, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse licitacións por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederlle a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos postores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa,

para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a prol dos que o sigan pola orde das súas respectivas licitacións.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, encóntranse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 8 de outubro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 10 de novembro, tamén ás once horas, rexendo para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non se puidese efectuar no seu domicilio e ós herdeiros descoñecidos e incertos de Celestino Seoane Puig e Manuela Emilia Liñares Blanco.

Dado en Santiago de Compostela o vinteseis de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4331