Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Club Vida Agencia de Viajes, S.A., sita na rúa García Barbón, 106 de Vigo.

Visto o expediente instruído por instancia de Fernando Sánchez López, na súa calidade de representante da entidade mercantil Club Vida Agencia de Viajes, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Vigo, na rúa García Barbón, 106, da axencia de viaxes Club Vida Agencia de Viajes, S.A., do grupo maiorista-retallista, co código identificativo CIC MA nº 434, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa Sor Ángela de la Cruz, 6.

Ó resultar que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Ó resultar que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Ó considerar que no artigo 5.3º b) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, se prevé a autorización de locais non totalmente independentes dos negocios contiguos cando estes estean situados en edificios singulares onde se realizan actividades comerciais en conxunto.

Ó considerar que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren o resto das condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle a axencia de viaxes Club Vida Agencia de Viajes, S.A., sita en Madrid, na rúa Sor Ángela de la Cruz, 6, da que é titular a entidade mercantil Club Vida Agencia de Viajes, S.A., a apertura dun novo establecemento en Vigo, na rúa García Barbón, 106, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

4858