Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO (892/1996).

Francisco Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos

de Vigo e o seu partido fai saber que neste xulgado, e co número 892 de 1996, se está a tramita-lo expediente de suspensión de pagamentos da entidade Sanibron, S.A., dedicada á construcción de toda clase de obras, tanto públicas como privadas, con domicilio social nesta cidade, rúa Dr. Cadaval nº 21-4º, oficina nº 20, representada polo procurador Alfonso Moure Moure, e no que se dictou auto no día de hoxe declarando a entidade referida en estado de suspensión de pagamentos, conceptuándose como de insolvencia provisional por se-lo seu activo superior en 14.164.638 pesetas ó pasivo e, así mesmo, acordouse convocar e cita-los acredores da devandita entidade á xunta xeral, que se celebrará na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e sete, ás dez horas da mañá.

Dado en Vigo o cinco de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4995