En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Buceo Recreativo de Galicia que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán ser membros da devandita asociación as empresas dedicadas ó ensino de sistemas de mergullo recreativo e todas aquelas que teñan relación co sector do mergullo de recreo/lecer.
Asinan a acta de constitución: José M. Fernández Gómez, e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1997.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
4855