Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios Productores Lácteos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios Productores Lácteos de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán integra-la asociación tódalas persoas físicas e xurídicas relacionadas coa actividade gandeira.

Asinan a acta de constitución: Carlos García-Orea Álvarez, e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4847