Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, do servicio de televisión nos cuartos dos usuarios dos edificios do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso público, do servicio de televisión nos cuartos dos usuarios dos edificios do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Obxecto e orzamento.

A contratación do servicio de televisión nos cuartos dos usuarios dos edificios do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, sen custo para a Administración; o servicio financiarase mediante cobramento ós usuarios.

Prazo de execución.

A duración do contrato será de cinco anos contados a partir da data de formalización do contrato, podendo prorrogarse antes do seu remate ou do de calquera das prórrogas, por períodos iguais de tempo, por mutuo acordo das partes.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, r/ Doutor Severo Ochoa s/n (27004) Lugo. Tfno. (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional de cen mil pesetas (100.000 ptas.).

A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económico-financeira.

Acreditarase por un o varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por algún dos seguintes medios:

a) Títulos académicos e experiencia do empresario e dos cadros da empresa e en particular dos que serán responsables do servicio.

b) Relación dos servicios executados no curso dos últimos cinco anos, acompañado de certificados de boa execución para os máis importantes.

c) Declaración na que se indique a maquinaria, material e equipo técnico do que disporá o empresario para a execución do servicio.

d) Declaración na que se indique os técnicos ou os órganos técnicos, estean ou non integrados na empresa, dos que esta disporá para a execución do servicio.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Canon ofertado (entre cero e tres puntos).

-Tarifas (entre cero e tres puntos).

-Características funcionais, técnicas, económicas, de calidade, prestacións das instalacións ofertadas para o servicio, e o sistema de televisión (nº de televisores, equipos, complexidade da instalación, calidade de materiais, etc.) (entre cero e tres puntos).

-Organización e funcionamento do servicio de televisión. Condicións de seguridade e calidade na prestación do servicio (entre cero e dous puntos).

Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do

vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 29 de abril de 1997.

Luis E. Vicente Sánchez

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

4827