Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1997, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público 4/1997 por procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza no centro de saúde de Serantes.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: servicio de:

-C/P.: 4/1997 (lote único).

-Denominación: servicio de limpeza no centro de saúde de Serantes.

-Importe: 4.091.208 ptas.

No dito importe inclúese o IVE.

Prazo de vixencia: desde a sinatura do contrato ata finais do 1997.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode solicitarse na

Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España, 19-20, Ferrol, en días laborables de 9 a 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ve-lo artigo 19 da LCAP.

Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España, 19-20, Ferrol, antes das 14 horas do viséximo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. Prezo ofertado: 50%.

2. Calidade técnica: 35%.

3. Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: 15%.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 9 de maio de 1997.

Bernardo Seoane Díaz

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol

4874