Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento para sete consultas de fisioterapia para diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (SCC.- 31/97). (Lote único).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde - Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67. Fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: equipamento de sete consultas de fisioterapia.

Orzamento total: corenta e nove millóns setecentas trinta e cinco mil de pesetas, IVE incluído (49.735.000 pesetas, IVE incluído).

Anualidades: ano 1997: 35.525.000 ptas. IVE incluído.

Ano 1998: 14.210.000 ptas. IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días a partir da data de notificación da adxudicación.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarlle os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 31-7-1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 7-8-1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde: 18-8-1997.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: 994.700 ptas.

Definitiva: 1.989.400 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubrir a enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características do equipo ofertado: ata 10 puntos.

2. Características do servicio técnico: ata 8 puntos.

3. Prezo ofertado: ata 6 puntos.

No caso de ofertas con prezos e calidades similares, o órgano de contratación fundamentarase en criterios estéticos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 16-6-1997.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4848