Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se mencionan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Subministración de sala climatizada para preparación e exposición de peixe no recinto da lonxa do porto pesqueiro de Ribeira (A Coruña)-Lote nº 1-Cámara isotérmica; lote nº 2-Maquinaria de climatización.

Adxudicatario: Cofrico, S.L.

Importe:

Lote nº 1: 12.669.155 ptas.

Lote nº 2: 9.632.350 ptas.

-Subministración de instalacións frigoríficas que se van realizar na fábrica de xeo e cámaras frigoríficas do porto pesqueiro de Aguiño.

Adxudicatario: Montajes y Reparaciones Frigoríficas, S.L.

Importe: 26.614.112 ptas.

-Consultoría e asistencia para a implantación e actualización do servicio de información pesqueira (SIP).

Adxudicatario: Centro de Servicios Avanzados de Telecomunicaciones de Galicia, S.A.

Importe: 35.000.000 de ptas.

-Consultoría e asistencia para a realización de alteracións mecánicas no sistema automático de venda de peixe do porto pesqueiro de Portonovo.

Adxudicatario: Microprocesador Sistemas Digitales, S.A.

Importe: 7.000.000 de ptas.

-Consultoría e asistencia para a organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura 1997 (World Fishing Exhibition).

Adxudicatario: ACK Servicios de Comunicación Galicia, S.A.

Importe: 34.700.000 ptas.

-Contrato do servicio de vixilancia dos centos de cultivos mariños de Ribadeo, de experimentación en acuicultura Ribeira e do Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

Adxudicatario: Serramar, S.L.

Importe: 7.500.000 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis 10/1973, do 17 de marzo e 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

4854