Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de traballos de consultoría e asistencia para redacción de proxecto sobre a reforma dunha ala da residencia da 3ª idade do Meixoeiro de Vigo.

Esta delegación provincial, en virtude do disposto no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, así como na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de traballos de consultoría e asistencia para

redacción de proxecto sobre a reforma dunha ala na residencia da 3ª idade do Meixoeiro de Vigo.

Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

Obra: reforma dunha ala na residencia da 3ª idade do Meixoeiro de Vigo.

Orzamento de contrata: 4.053.504 ptas. (catro millóns cincuenta e tres mil cincocentas catro pesetas).

Prazo de execución: 45 días.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

1º Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 10 a 14 horas nos días hábiles.

2º Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

3º Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, avenida Cánovas del Castillo s/n, en sobres pechados ou por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

4º Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 13 días naturais ás 14 horas.

5º Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6º Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula nº 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

7º Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo, avenida Cánovas del Castillo s/n ás 10 horas en acto público.

Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.

8º O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 13 de xuño de 1997.

P.D. (D. 87/1990, do 15-2 e Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

4780