Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o segundo semestre do ano 1997 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás PEMES dos anos 1992, 1993, 1994, 1995 e 1996.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás PEMES asinados coas entidades financeiras durante os anos 1992, 1993, 1994, 1995 e 1996, os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do MIBOR durante o período establecido en cada convenio e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o segundo semestre do ano 1997 para os préstamos en vigor dos convenios de axudas financeiras ás PEMES dos anos 1992, 1993, 1994, 1995 e 1996 serán os seguintes:

Préstamos do convenio 1992: 7,85%.

Préstamos do convenio 1993: 7,05%.

Préstamos do convenio 1994: 7,05%.

Préstamos do convenio 1995: 7,05%.

Préstamos do convenio 1996: 6,95%.

No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,75 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadir ó tipo de referencia (5,18) o tipo adicional que teñan pactado as partes, redondando ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades financeiras comunicarán ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-En ningún caso o tipo de xuro do préstamo, con cargo ó beneficiario, poderá ser inferior ó límite mínimo fixado nos respectivos convenios.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica

5148