Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.378

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do transporte de mercadorías por estrada.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-5-1997, subscrito en representación da parte económica por Acotrades, Transcaf e Atransa e da parte social por UGT, CC.OO e CIG o día 6-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social de comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñela súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de xuño de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de transporte de mercadorías por estrada (anos 1997 e 1998) da Coruña

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

O presente convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña para tódalas empresas e o seu persoal laboral encadradas nos seguintes apartados de actividades da ordenanza laboral de transportes, que se engloban baixo o nome de transportes de mercadorías, e os seus grupos e categorías profesionais correspondentes.

a) Axencias de transporte.

b) Transportes de mercadorías.

c) Transportes de mobles e mudanzas.

d) Persoal de servicios auxiliares.

Artigo 2º

As normas contidas no presente convenio afectan a tódolos traballadores fixos, interinos, eventuais ou temporais que desempeñen as súas funcións nas empresas englobadas nas alíneas a), b), c) e d) do artigo anterior.

Quedan expresamente excluídos os profesionais contratados para traballos específicos que, non tendo o carácter de fixos, interinos, eventuais ou temporais realicen un traballo baseado na aceptación de minuta ou orzamento.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia do convenio.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día un de xaneiro de mil novecentos noventa e sete, finalizando o seu período de vixencia o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e oito.

O convenio quedará denunciado automaticamente polas partes negociadoras do presente convenio a partir do 30 de novembro de 1998, manténdose a vixencia dos seus contidos ata a sinatura doutro que o substitúa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas, polo que as condicións implantadas nas distintas empresas que impliquen globalmente condicións máis beneficiosas con respecto ó establecido neste convenio subsistirán para aqueles traballadores que as viñesen desfrutando, sen que en ningún caso se poidan establecer en prexuízo do traballador condicións menos favorables que as expresadas neste convenio colectivo.

Artigo 5º.-Ultraactividade do convenio.

As disposicións deste convenio permanecerán integramente inalterables, salvo en canto a salarios, durante todo o tempo que para a súa vixencia se establece no artigo 3º, sen que en ningún caso resulten afectadas por outras contidas en acordos e convenios de ámbito superior que se asinen con posterioridade á súa entrada en vigor.

Capítulo II

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 6º.-Xornada.

Establécese unha xornada para o ano 1997 e 1998 de 1.820 horas de traballo efectivo en cómputo anual e de 40 horas semanais. Os traballadores que realicen a súa actividade en domingo ou festivo descansarán dentro dos 6 días seguintes ó día de traballo.

Artigo 7º.-Vacacións.

Tódolos traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa, terán dereito a 30 días naturais de vacacións remuneradas ó ano. O período total de desfrute das vacacións non poderá experimentar un fraccionamento superior a dous períodos.

Artigo 8º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio do traballo.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto a duración da ausencia ou á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade do traballo debido en máis do 20 por 100 das horas laborais nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización descontarase o importe dela do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Capítulo III

Réxime de retribucións

Artigo 9º.-Definicións.

A retribución do persoal afectado polo presente convenio estará estructurada polos seguintes conceptos:

a) Salario base mensual

b) Complementos salariais.

-Persoais.

-De posto de traballo.

-De vencemento superior a un mes.

Artigo 10º

En ningún caso terán a consideración de salario as cantidades percibidas polo traballador polos seguintes conceptos:

a) As indemnizacións ou suplidos por gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, tales como axudas de custo e gastos por viaxes e desprazamentos.

b) Prestacións e indemnizacións da Seguridade Social

c) Indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

Artigo 11º.-Salario base mensual.

É a parte de retribución por unidade de tempo (salario base), incrementado polo rateo das pagas extraordinarias que se especifica no artigo 14º e a contía das cales figura recollida no anexo deste convenio.

Artigo 12º.-Complementos persoais.

Terán a consideración legal de complementos persoais os seguintes conceptos retributivos:

Complemento de antigüidade: todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá con carácter xeral por este concepto unha contía fixa por cada cinco anos de servicios prestados á empresa ata un máximo de cinco quinquenios.

As percepcións por quinquenios serán:

5 anos: 7.706 pesetas.

10 anos: 11.761 pesetas.

15 anos: 15.318 pesetas.

20 anos: 19.170 pesetas.

25 anos: 23.022 pesetas.

Para o ano 1998 as contías anteriores incrementaranse nun 1 por 100.

Os quinquenios comezaranse a devengar a partir do día primeiro do mes en que se cumpra o quinquenio.

Artigo 13º.-Complementos de posto de traballo.

Son aqueles que se perciben en razón das características do posto de traballo. Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto de traballo asignado, polo que non terán

carácter consolidable. Establécense os seguintes complementos de postos de traballo:

I. Plus de perigosidade e toxicidade. As empresas que habitualmente transporten ou manipulen substancias explosivas, inflamables ou tóxicas aboaranlles ós traballadores afectados por estes conceptos un plus de 27.328 pesetas mensuais.

II. Plus de longa distancia. Os conductores e acompañantes que circulen por rutas do Estado español, excepto Galicia e provincias limítrofes, percibirán a cantidade de 9.598 pesetas mensuais.

III. Quebranto de moeda. Os cobradores de liñas urbanas e interurbanas cobrarán mensualmente unha cantidade equivalente ó 80 por 100 dun día de salario de cotización á Seguridade Social.

Artigo 14º.-De vencemento superior ó mes (pagas extras).

Establécense tres pagas extraordinarias de trinta días de salario base máis antigüidade. Non obstante, mantendo o criterio das partes de reduci-lo importe das pagas extraordinarias en beneficio dun maior incremento dos salarios mensuais, destínanse cinco días de cada paga extraordinaria a incrementa-los referidos salarios mensuais de acordo coas táboas salariais anexas, incrementadas, se é o caso, coa antigüidade correspondente.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que excedan da duración máxima da xornada ordinaria de traballo.

Realizaranse ata un máximo de 80 horas anuais, acordándose respecto dos distintos tipos de horas extraordinarias o seguinte:

a) Horas extraordinarias habituais: reducción drástica

b) Horas extraordinarias estructurais: terán a consideración de estructurais as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos que poñan en perigo as instalacións da empresa e/ou materias primas; por avarías que requiran reparacións inmediatas, por ausencias imprevistas; por pedidos extraordinarios ou períodos punta de producción e pola chegada ó punto de destino.

Poderase compensa-la súa realización logo de acordo entre empresario e traballador de dúas formas:

a) Preferiblemente aboándoas en metálico baixo as seguintes regras:

1ª Hora extraordinaria normal: aboarase cun 30% de recargo sobre a hora ordinaria

2ª Hora extraordinaria realizada en festivo ou domingo aboarase cun 100% de recargo sobre a hora ordinaria.

3ª Hora extraordinaria realizada nos días 24 e 31 de decembro (de 21 horas a 7 horas do día seguinte) de cada ano, aboarase cun 200% de recargo sobre a hora ordinaria.

b) En defecto da regra anterior, con tempos de descanso incrementados co recargo correspondente, sem

pre que este descanso teña lugar dentro dos catro meses seguintes á súa realización. As horas compensadas desta maneira non entrarán dentro do cómputo do número máximo de horas extraordinarias anuais.

Para os efectos do cómputo destas horas, rexistraranse día a día as realizadas e totalizaranse mensualmente, entregando copias do resumo ó traballador na nómina correspondente.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

As axudas de custo que se lle satisfarán ó persoal que se desprace da súa residencia por necesidades de servicio serán de 4.188 pesetas por día dentro de Galicia e de 4.567 pesetas/día no resto do Estado español.

Establécese a media axuda de custo calculada na metade dos importes consignados no parágrafo anterior.

Artigo 17º.-Incrementos salariais.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1997. As empresas aboarán os atrasos derivados da aplicación deste convenio na nómina seguinte ó mes da publicación no BOP.

As retribucións económicas do presente convenio serán incrementadas nun 3,5% sobre as existentes no convenio do ano 1996 para o ano 1997, excepto na antigüidade; e no IPC previsto para o ano 1998 máis 1 punto sobre as existentes no convenio do ano 1997 para o ano 1998, excepto na antigüidade.

No caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1997 un incremento superior ó 2,5%, efectuarase automaticamente a revisión pertinente sobre as táboas salariais de 1996 na contía exacta do exceso porcentual, excepto na antigüidade.

Para o ano 1998 a cláusula de revisión consistirá en manter un 1% sobre o IPC real o 31 de decembro de 1998, excepto na antigüidade.

As cantidades resultantes aboaranse na nómina seguinte á constatación oficial do índice motivador da revisión, con carácter retroactivo o 1 de xaneiro de 1997 e o 1 de xaneiro de 1998, respectivamente.

Artigo 18º.-Cláusula de inaplicación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio non serán de aplicación para aquelas empresas que acrediten perdas no resultado do último exercicio, correspondendo neste suposto o mantemento do mesmo nivel retributivo que viñan aplicando no ano en que se producen as perdas.

O procedemento que se seguirá nestes casos será o seguinte:

a) A empresa afectada deberá formula-la solicitude de desvinculación ante a comisión paritaria do convenio no prazo máximo de 90 días desde a publicación do convenio no BOP e de 60 días contados a partir

do 1 de xaneiro de 1998 para o segundo ano de vixencia do convenio, xuntando a seguinte documentación:

1. Memoria explicativa da solicitude.

2. Documentación que acredite a causa invocada, entre a que figurará necesariamente a presentada pola empresa ante os organismos oficiais (Ministerio de Facenda e Rexistro Mercantil), referida ó último exercicio.

Os membros da comisión paritaria deberán observar, en todo caso, a obriga de segredo profesional en canto á documentación presentada pola empresa solicitante.

b) A comisión paritaria, unha vez recibida a solicitude da empresa afectada, acompañada da documentación prevista no apartado anterior, solicitará preceptivamente o informe da representación legal dos traballadores da empresa solicitante, a cal terá un prazo máximo de 10 días para emitilo, contados a partir do seguinte ó que reciba o requirimento da comisión paritaria.

A representación legal dos traballadores da empresa solicitante deberá observar igualmente a obriga do segredo profesional en todo o concernente á documentación presentada por aquela.

c) A comisión paritaria, unha vez cumprido o trámite previsto no apartado anterior, deberá resolver no prazo máximo de quince días sobre a petición de desvinculación realizada, á vista da documentación que consta no seu poder.

d) No caso de que a resolución da comisión paritaria fose denegatoria da solicitude, a empresa solicitante poderá someter, se así convén ós seus intereses, a cuestión á vía xurisdiccional competente.

Capítulo IV

Organización do traballo

Artigo 19º.-Período de proba.

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Restantes traballadores: 2 meses, salvo en empresas de menos de 25, que será de 3 meses.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, non terá máis limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e a pertenza ó grupo profesional.

Entenderase por grupo profesional o que agrupe unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación, podendo incluír tanto as diversas categorías profesionais como distintas funcións ou especialidades profesionais.

A mobilidade funcional realizada entre grupos profesionais distintos só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas polo tempo imprescindible.

I. Mobilidade funcional descendente. A encomenda a un traballador de funcións inferiores ás do seus

grupo profesional só estará xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, manténdoselle en todo caso a retribución debida.

II. Mobilidade funcional ascendente. A encomenda a un traballador de funcións superiores ás do seu grupo profesional, por un período de 4 meses durante un ano ou de 7 durante dous anos daralle dereito ó traballador a percibi-la diferencia retributiva correspondente e ó ascenso, salvo que a vacante fose cuberta.

Capítulo V

Contratación e formación

Artigo 21º.-Contratación eventual.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito.

Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións que derivan da natureza e duración do seu contrato.

O contrato terá unha duración máxima de vinte meses dentro dun período de vintecatro meses.

Artigo 22º.-Cursos de perfeccionamento.

Cando se organicen cursos de perfeccionamento e voluntariamente o realicen os traballadores, logo de autorización da empresa, os gastos de matrícula correrán a cargo daquelas.

Para a realización de exames oficiais que conduzan ó perfeccionamento profesional no centro de traballo, o traballador terá a correspondente licencia con dereito a retribución e deberá xustificar tanto a formalización da matrícula como ter asistido ós ditos exames.

Capítulo VI

Varios

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Independentemente da roupa de traballo que as empresas faciliten ós seus traballadores, proverase os que efectúen traballos á intemperie de roupa de auga e de botas adecuadas.

Artigo 24º.-Xubilacións.

A xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos, sen prexuízo de que o dito traballador poida completa-lo períodos de carencia na cotización á Seguridade Social; neste caso xubilación será obrigatoria ó completar estas.

Ós traballadores que se xubilen, sempre que conten cunha antigüidade de dez anos de servicio na empresa, percibirán desta unha gratificación equivalente a 9.444 pesetas por ano de servicio en concepto de xubilación.

O traballador con vinte anos de servicio na empresa que decida voluntariamente a xubilación anticipada

percibirá unha gratificación consistente nas contías seguintes:

-Ós 60 anos de idade: 18 mensualidades.

-Ós 61 anos de idade: 16 mensualidades.

-Ós 62 anos de idade: 13 mensualidades.

-Ós 63 anos de idade: 9 mensualidades.

A solicitude deberaa efectua-lo traballador cun mes de anticipación ó cumprimento da idade en que se pretenda acoller a este beneficio. A mensualidade refírese ó salario base máis plus de longa distancia e, se fose o caso, perigosidade.

A gratificación será satisfeita pola empresa mediante o rateo das catro anualidades seguintes en caso de o facer ós 60 anos, e de 3, 2 e 1 se o fai ós 61, 62 e 63.

A empresa e o traballador poderán pactar outra forma de pagamento.

En caso de reducirse por disposición legal a idade de xubilación, quedará en suspenso a aplicación deste artigo ós supostos afectados pola reducción legal. Recoméndaselles ás empresas e ós traballadores afectados, que durante a vixencia do presente convenio procuren concerta-la xubilación anticipada ós 64 anos, de acordo co disposto no Real decreto lei 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 25º.-Defunción.

A empresa aboará catro mensualidades dos salarios que figuren no convenio, o plus e a antigüidade correspondente ós seguintes familiares dun productor que convivan con el:

1º Cónxuxe viúvo.

2º Fillos.

3º Ascendentes.

Cando aquel faleza estando en activo e leve como mínimo tres anos de servicio na empresa.

Independentemente das catro mensualidades a que ten dereito, segundo o sinalado anteriormente, aboaráselles ós ditos familiares do traballador o salario completo do mes en que o productor faleza, calquera que sexa a data do seu falecemento.

As empresas quedan obrigadas a sufraga-los gastos do traslado cando o falecemento, por causa accidental, ocorra en localidade distinta da súa residencia habitual, sempre e cando o dito traballador se encontre realizando un servicio na empresa.

Artigo 26º.-Incapacidade temporal.

A empresa aboará durante o período de incapacidade temporal a diferencia existente entre a prestación correspondente á Seguridade Social e o 100% do salario base establecido nas táboas que figuran no anexo a este convenio nas seguintes condicións:

a) No suposto de accidente de traballo, desde o primeiro día da baixa no traballo.

b) Cando a enfermidade requira intervención cirúrxica ou ingreso en centro sanitario, desde o primeiro día do ingreso do traballador no centro sanitario que corresponda.

Este complemento só se poderá percibir por un período de seis meses no prazo dun ano.

En tódolos demais casos, o subsidio que se aboe será o 75% da base de cotización do traballador durante todo o período que este se encontre na situación de incapacidade temporal.

Artigo 27º.-Póliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste convenio estarán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo cando se publique aquel unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte e invalidez por accidente de traballo e que lles garanta a tódolos traballadores daquelas o percibo das indemnizacións seguintes:

a) En caso de falecemento do traballador por accidente: tres millóns duascentas mil pesetas (3.200.000 ptas.)

b) En caso de invalidez total ou absoluta do traballador por accidente catro millóns duascentas mil pesetas (4.200.000 ptas.)

Esta compensación é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Artigo 28º.-Privación do carné de conducir.

Para os casos de privación do carné de conducir ou tarxeta TPC de calquera traballador afectado por este convenio, a empresa estará obrigada a facilitarlle ó traballador, ocupación en calquera traballo, aínda de inferior categoría, polo período da suspensión do carné ou tarxeta TPC, sempre que non exceda de seis meses, sen perda dos emolumentos que viña percibindo e, igualmente, sempre que non concorran os seguintes requisitos:

a) Que a privación do permiso de conducir derive de feitos acaecidos no exercicio da actividade de conducir alleo á empresa.

b) Que a privación do permiso de conducir ou tarxeta TPC sexa como consecuencia da comisión de delictos dolosos.

c) Que a privación do permiso de conducir ou tarxeta TPC non se producise no prazo dun ano de despois de que a privación do permiso de conducir ou tarxeta TPC sexa consecuencia de ter inxerido bebidas alcohólicas ou tomado algún tipo de estupefaciente, ou ter incorrido en imprudencia temeraria.

A garantía de conducción establecida no parágrafo primeiro deste artigo aplicaráselle ós traballadores cando vaian ó seu lugar de traballo ou cando saian del en calquera vehículo.

Artigo 29º.-Garantías sindicais.

Recoñécense as garantías sindicais conforme o establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponder ós organismos correspondentes.

4. Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

5. Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

6. Cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

7. Coñecer e resolver sobre as solicitudes de inaplicación salarial que se lle sometan.

Os acordos ou resolucións adoptados por unanimidade de tódolos membros presentes da comisión paritaria terá carácter vinculante.

Se non se obtén unanimidade, seguiranse, para a resolución das cuestións presentadas, as canles previstas legalmente.

A comisión integrarase por 8 vocais, 4 empresarios e 4 traballadores, que serán designados de entre as respectivas representacións actuantes no convenio.

Poderanse nomear asesores por cada representación, aínda que non terán dereito a voto.

A comisión en primeira convocatoria non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais previamente convocados, e en segunda convocatoria, que terá lugar media hora despois da primeira, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente un número paritario dos vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión reunirase por instancia das partes póndose de acordo sobre o lugar e hora en que se deberá celebra-la reunión.

En ningún caso se poderá reuni-la comisión antes do transcurso dun prazo de tres meses desde a anterior, salvo no suposto de circunstancias extraordinarias debidamente xustificadas apreciadas de común acordo.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación do presente convenio para que a comisión actúe de acordo coas súas funcións.

Como domicilio da comisión paritaria fíxase a rúa Rafael Alberti, 8-1º, local 5 da Coruña, teléfono 13 28 45, CP 15008.

A Coruña, 6 de maio de 1997.

Táboas salariais

Convenio provincial de mercadorías 1997

Categorías

Mes

Paga

extra

Anual

Grupo 1º
Persoal superior técnico

Subgrupo A

Xefe de servicio153.870121.4772.210.871
Inspector principal142.990112.8882.054.544
Subgrupo B
Enxeñeiros e licenciados145.019114.4902.083.698
Enx. técnicos e Aux. titulados126.02499.4921.810.764
Axudantes técnicos sanitarios116.58392.0391.675.113

Grupo 2º

Subgrupo A

Persoal administrativo

Xefe de sección129.254102.0411.857.171
Xefe de negociado125.17998.8251.798.623
Oficial de 1ª119.03293.9731.710.303
Oficial de 2ª115.73791.3701.662.954
Auxiliar administrativo111.02887.6521.595.292
Aspirante de 16 e 17 anos86.65168.4111.245.045

Persoal de axencias de transporte
Encargado xeral123.71697.6721.777.608
Encargado de almacén116.50491.9791.673.985
Capataz113.67889.7471.633.377
Mozo especializado112.69288.9681.619.208
Mozo carga, descarga e reparto110.59487.3121.589.064

Subgrupo B

Transporte de mercadorías

Xefe de tráfico de 1ª123.71697.6721.777.608
Xefe de tráfico de 2ª119.67594.4791.719.537
Xefe de tráfico de 3ª117.02392.3881.681.440
Conductor-mecánico119.29194.1771.714.023
Conductor117.17392.5051.683.591
Conductor motocicleta e furgón114.77990.6151.649.193
Axudante113.20089.3661.626.498
Mozo especializado112.89289.1221.622.070
Mozo carga, descarga e reparto110.59487.3121.589.064

Subgrupo C

Persoal de servicios auxiliares

Sección 1ª garaxes

Encargado xeral 1ª119.03293.9731.710.303
Encargado xeral 2ª112.89289.1221.622.070
Encargado de almacén111.42587.9651.600.995
Engraxador-lavacoches114.18890.1521.640.712
Garda de noite110.59487.3121.589.064
Garda de día110.59487.3121.589.064

Sección 2ª estación de lavado e engraxamento
Encargado de 1ª118.18193.3001.698.072
Encargado de 2ª112.89289.1221.622.070
Engraxador114.18890.1521.640.712
Mozo de servicio110.59487.3121.589.064

Subgrupo H
Transportes mobles mudanzas e gardamobles
Xefe de tráfico123.71697.6721.777.608
Inspector visitador119.67594.4791.719.537
Encargado almacén e gardamobles118.18193.3001.698.072
Capataz116.93592.3181.680.174
Capitonista116.50591.9791.673.997
Mozo especializado112.09988.4981.610.682
Mozo110.59487.3121.589.064
Carpinteiro116.50591.9791.673.997
Conductor mecánico119.29194.1771.714.023
Conductor114.77990.6151.649.193
Conductor furgoneta/motocicleta111.98788.4111.609.077

Grupo 3º

Persoal de movemento

Factor117.02092.3861.681.398

Grupo 4º

Persoal de talleres

Xefe de taller137.633108.6551.977.561
Encargado xeral122.99997.1031.767.297
Encargado ou contramestre122.99997.1031.767.297
Encargado de almacén122.99997.1031.767.297
Xefe de equipo119.29194.1771.714.023
Oficial de 1ª118.06193.2091.696.359
Oficial de 2ª114.31790.2511.642.557
Oficial de 3ª114.23790.1871.641.405
Mozo de taller112.87989.1161.621.896

Grupo 5º
Cobrador de facturas111.02887.6521.595.292
Telefonista109.92586.7871.579.461
Porteiro112.05788.4661.610.082
Vixilante112.05788.4661.610.082
Limpadora364
Botóns, 16 a 17 anos84.98667.0951.221.117

5136