Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.276

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (223/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de separación matrimonial 223/1997, que se segue neste xulgado por instancia de Arturo Ogeros Guardado, representado polo procurador García-Piccoli Atanes, contra María del Carmen Lozano Torres, por medio da presente cédula emprázase a demandada antes mencionada, en paradoiro descoñecido, co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos e conteste a demanda, coa prevención de que, se non o fai, será declarada en rebeldía e darase por contestada a demanda, notificándole a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma a María del Carmen Lozano Torres, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4163