Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.276

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (356/1996).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Doy fe de que nos autos a que se fai mención se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. En Santiago de Compostela o dezanove de maio de mil novecentos noventa e sete.

En nome de S.M. El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia. No xuízo de faltas número 536/1996, dimanante do procedemento seguido por furto no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Manuel Boo Romero, denunciante, con domicilio na rúa Montero Ríos, nº 33 Simago, Santiago de Compostela; José Luis Soto Novoa, denunciado, con domicilio descoñecido.

Resolvo que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións o denunciado José Luis Soto Novoa e declaro de oficio as custas desta instancia. Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a dispor das partes.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a José Luis Soto Novoa».

Expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o vinteún de maio de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

4417