Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.276

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (278/1992-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de menor contía 278/1992, que se segue neste xulgado por instancia de María del Carmen Montero Chacón e Luis Chacón Souto, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra José Carreira Veiga e Ramón García Abelenda, por medio da presente cédula requírese a Ramón García Abelenda, do que se descoñece o domicilio actual, para que no prazo de nove días, compareza en autos por medio de procurador que o represente e asistido de letrado, ó desistiren os profesionais que viñan exercendo a súa representación e defensa, coa prevención de que, se non o fai, seguirá o curso dos autos na súa rebeldía.

E para que lle sirva de requirimento a Ramón Carreira Veiga, expido a presente cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4233