Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.275

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (214/1996).

En virtude do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido xudicial, de conformidade coa resolución dictada o 20 de maio do mes actual nos autos de xuízo de cognición nº 214/1996, seguidos ante este xulgado, nos que pola parte demandante GMAC España, S.A. Financiación se lles pediu a notificación da sentencia recaída nos autos arriba

referenciados ós demandados en situación de rebeldía procesual Ricardo Blanco González e Carmen Miguens Leis, a cal, no seu encabezamento e parte dispositiva, di textualmente:

«Vistos por María Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de cognición número 214/1996, nos que son parte, como demandante GMAC España, S.A. Financiación, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e como demandados, Ricardo Blanco González e Carmen Miguens Leis, ambos en situación de rebeldía procesual, en nome de El Rei procédese a dicta-la seguinte sentencia:

Decido, que estimando integramente a demanda, debo condenar e condeno a Ricardo Blanco González e Carmen Miguens Leis a que lle aboen a GMAC España, S.A. Financiación da cantidade de 584.119 ptas., máis os xuros legais desde a presentación da demanda e ó pagamento das custas procesuais.

Notifiqueselles a presente resolución ás partes en legal forma.

Así, por esta sentencia, contra a que se poderá interpor recurso de apelación por escrito e con sinatura de avogado, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispón o artigo 733 LAC, ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia ós demandados rebeldes, Ricardo Blanco González e Carmen Miguens Leis, expido o presente edicto, que asino en Padrón o vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

4234