Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.275

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (19/1997-01).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 19/1997, sobre furto, se dictou a sentencia que na parte dispositiva di:

«Que debo condenar e condeno a José Luis Vázquez Lado, como autor criminalmente responsable dunha falta de furto, anteriormente definida, á pena dun mes de multa a razón de 200 ptas. diarias. A dita cantidade será aboada dunha soa vez. Por cada dúas cotas diarias non satisfeiras o condenado quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día. E debo absolver e absolvo a Ramón Lires Pereira dos feitos axuizados nas presentes actuacións; impóñolle o condenado a metade das custas procesuais ocasionadas e declaro a outra metade de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A. criminal.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, José Luis Vázquez Lado, en paradoiro descoñecido, expido e sino esta edicto en Noia o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4326