Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións da rede de distribución de gas natural para usos industriais rede O Porriño-Vigo, addenda 1 promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo do disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese á información pública o proxecto Gasificación do Noroeste: rede O Porriño-Vigo, Addenda 1, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagas, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais en diversos termos municipais da provincia de Pontevedra, entre eles, Mos, O Porriño e Vigo.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións da rede de distribución de gas natural para usos industriais rede O Porriño-Vigo. Addenda 1.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións:

Esta addenda 1, que minimiza a afección orixinal da rede en 475 metros lineais, afecta os seguintes termos municipais:

1. O Porriño: o trazado orixinal modififícase nas seguintes zonas:

a) A primeira, sitúase entre os vértices V-G-0 e V-G-2 e os vértices V-V-1 e V-V-2, debido ó cambio de situacion da posición I-024.

b) A segunda sitúase entre os vértices V-P-3 e V-P-6, co obxecto de situa-lo trazado a 4 metros ó exterior do valado de peche da autovía.

c) A terceira sitúase entre os vértices V-P-23 e V-P-26, desprazándose o trazado inicial para evita-la afección a un soar urbano.

d) A cuarta sitúase entre os vértices V-G-10-1 e V-G-16, co obxecto de conecta-la rede de derivación ó polígono As Gándaras máis cara ó leste e despraza-la zona de paralelismo coa autovía.

e) A quinta, situada entre os vértices V-G-18 e V-G-19, evita a influencia negativa das torres de alta tensión.

f) Finalmente, a correspondente á rede de derivación de Salceda de Caselas e Cartoespaña cambia o seu punto de saída do vértice V-G-33 ó V-G-19-1, suprimíndose o trazado desde o vértice V-S-0 ata o V-S-18 e ampliándose entre os vértices V-S-17-3 a V-S-18 e V-S-17-0 a V-S-17-20.

2. Mos: esta variación do trazado consta de dúas zonas:

a) A primeira sitúase entre os vértices V-M-42 e V-M-50, co obxecto de non efectar en paralelo os viais e evitar ó máximo o cruzamento de predios semiurbanos.

b) A segunda sitúase entre os vértices V-M-0 e V-M-2, motificada polas directrices do plan de ordenación da universidade.

3. Vigo: esta modificacion do trazado orixinal consta de dúas zonas.

a) A correspondente á zona da universidade, que comenza co límite co termo municipal de Mos e despraza o trazado ó norte para aproveita-los viais e as zonas verdes existentes, situándose entre os vértices V-V-20 e V-V-25.

b) A segunda zona, que corresponde á zona do parque tecnolóxico, sitúase entre os vértices V-V-27 e V-V-31-74, despraza a rede para situala paralela ó río San Quintián, río Barxa e ó colector de Seraguas existente no parque tecnolóxico.

Debodo á previsión no incremento de consumo, tanto para a rede urbana e industrial de Vigo como para a ampliación do polígono industrial As Gándaras de Vigo, aumentáronse os diámetros de tubería, pasando estes de 12'', 10'', 8'', 6'' e 4'' iniciais a 14'', 12'', 10'', 8'' e 6'', respectivamente.

A tubería construirase de aceiro de calidade Gr.B., segundo API 5L, e incluirá parte proporcional de accesorios.

A presión de deseño efectiva é de 16 bar.

O caudal que se vai transportar para os consumos previstos ascende a 5.640 Nm/h.

Termos municipais afectados: O Porriño, Mos e Vigo.

Orzamento: cincuenta e oito millóns catrocentas vintecatro mil duascentas trece pesetas (58.424.213 ptas.).

Afección a predios particulares:

A afección a predios de propiedade privada derivada da construcción do gasoducto e as súas instalacións auxiliares, concrétase da seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de ancho, una cada lado do eixe da tubería, ó longo dela, por onde discorrerá enterrada o canle ou canles que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita, por razóns de seguridade, ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como da plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe da tubería.

2. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación, e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar algún acto que puidese dañar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

C) Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

D) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalacion da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados pola dita addenda, a relación dos cales se insire ó final deste anuncio, para que poidan examinar nesta Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Pontevedra, rúa Nova de Abaixo, nº 2, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3658