Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/105-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: ampliación dun módulo de 66 kV Zas, subestación Vimianzo.

Situación: Vimianzo.

Descricións técnicas: proxecto de ampliación da subestación a 66 kV, de Vimianzo, consistente en: ampliación dun módulo de liña de 66 kV denominado Zas, derivando do Pórtico de amarre conductores AL-AC de 455 mm ata o novo módulo, cos seguintes aparellos: seccionador e interruptor trifásicos a 72,5 kV, trafos de tensión e intensidade, cos equipos de mando, control, medida e protección. Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de maio de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4905